Cidade de David

A Cidade de David (hebreo: עיר דוד, Ir David; tradución literal ao árabe: مدينة داوود, Madina Dawud, nome común en وادي حلوه, Wadi Hilweh) é un asentamento israelí, e un sitio arqueolóxico do que se cre que foi o núcleo urbano orixinal da antiga Xerusalén. Suxerido en 1920, o nome comezou a utilizarse oficialmente na década de 1970, trala captura de Xerusalén Leste por parte do Estado de Israel. Hoxe en día o nome está cuestionado pola comunidade académica arqueolóxica. En 1997 leváronse a cabo tarefas de mantemento no parque pola Ir David Foundation. Malia que está situada dentro do municipio de Xerusalén, considérase un asentamento, construído no territorio de Cisxordania que foi ocupado e anexado por Israel trala guerra dos seis días de 1967 e a lei de Xerusalén de 1980. A comunidade internacional considera o asentamento israelí ilegal segundo o dereito internacional, porén non acepta este criterio. Destacan dentro da cidade as estruturas da idade de Ferro atribuídas aos reis de Xudea, e tamén contén unha infraestrutura caanita da idade de bronce. O sitio arqueolóxico está situado no barrio árabe de Wadi Hilweh, e esténdese desde a muralla sur da cidade vella. Os restos no sitio inclúen varios túneles de auga, un dos cales foi construído polo rei Ezequías e aínda leva auga no seu interior, carias piscinas entre as que está a piscina de Siloé mencionada tanto no Antigo e Novo Testamento, e neste lugar ou na próxima Ofel os investigadores esperan atopar, ou afirman que xa o fixeron, os restos de Acra, unha fortaleza construída por Antíoco Epífanes para subxugar a aqueles xerosolimitanos que se opoñían á helenización. A arqueóloga Eilat Mazar pensa que un sitio arqueolóxico coñecido Grande Estrutura de Pedra, que descubriu na parte superior e presuntamente datado dos séculos X e IX antes de Cristo, poden ser o palacio do rei David. Non lonxe da área de escavación apareceron un gran número de bullae cos nomes Guedalías fillo de Paxhur e Iucal fillo de Xelemías, dous oficiais mencionados no Libro de Xeremías. A área da Cidade de David é un dos sitios arqueolóxicos con maior número de escavacións da Terra Santa.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search